Monday 06 de May de 2024

A Fraga Encantada organiza a tradicional decoración da árbore de Nadal diante do Concello


Máis de medio centenar de nenos, a iniciativa da Escola Infantil A Fraga Encantada, levarán a cabo o vindeiro luns 12 de decembro ás 18.00 horas á decoración da árbore de Nadal do Concello.
Os pequenos da Escola Infantil A Fraga Encantada, e todos os pequenos do municipio decorarán a árbore que está situado na porta do Concello tal e como levou a cabo en anos anteriores. Os nenos confeccionaron a súa propia decoración e estarán acompañados por Papá Noel tras encher a árbore situada na porta do Concello de artigos fabricados por eles mesmos.